En 1999 comisariei na Casa das Artes de Vigo a mostra Novos camiños. Ameazas e promesas da arte electrónica que agora, tantos anos despois, vén a conto por dous motivos: porque falaba do futuro e porque asumía, xa no propio título, as amezas e promesas que ese futuro pode supor.
Na arte e na cultura, coma noutros eidos, houbo sempre terras de promisión e futuros de redención. Até onde a memoria recente chega, e cinguíndonos á arte e cultura contemporáneas, foco deste texto, esa terra de promisión, como espazo de produción, difusión e acceso, primeiro foi a televisión, logo o vídeo, despois a arte electrónica e Internet e agora, non sei, os NFT, a IA ou as redes sociais. Coa perspectiva do presente é pertinente preguntarse que parte de todo…